I. Pavlov foi un médico ruso de hai un século que entre outras cousas estudou os procesos fisiolóxicos e psicolóxicos a través dos que se ligan un determinado estímulo cunha determinada conduta.
selfie, da wikipedia
Xa en xullo, levamos unhas semanas ceibas, pero entre marzo e abril algunhas persoas a duras penas vimos o sol caer na pel.
Así, eu que tanto era de botarme ao monte a correr ou na bicicleta, tiven que facer unha reconversión industrial e manterme mínimamente activo. Nesas carreiras no corredor, saltando obstáculos, seguindolle o ritmo a Heather ou ó doutor Cucuzzella, normalmente poñía os cascos e aproveitaba para escoitar algún podcast, pero enseguida preferín (para esos minutos) pór en modo aleatorio as cancións que tiña no móbil.
A lista non ten ningún sentido nin razón, non sei por que tiña no móbil esas cancións e non outras, pero suman uns 42 minutos que era o tempo que pasaba correndo dentro da casa. LAMENTABLE xeito de correr, esquivando mesiñas, cantos das cadeiras e marcos das portas, pero feliz de poder facelo tal como ía (vai) o mundo.
Sabía no seu momento que estaba asociando esas cancións con moverme, foron moitos días e sempre poñía as mesmas, e hoxe en xullo cadrou que sonaba na radio unha destas cancións. Non me puxen a correr, pero si que me erguín e púxenme a andar mentras lía no libro.
Playlist
orde alfabético
Normalmente poñía a reprodución en modo ó chou, mais aquí van por ordenadas.
Born this way
https://invidio.us/watch?v=0BsLd4Y060Q&listen=1
un himno, seica, pero a min retumbábame ben para marcar o ritmo
Bring a little lovin
https://invidio.us/watch?v=ZVWdTaB9hkc&listen=1
case me poñia a bailar
I'm payin' for this call and I don't mine at all
non tiña tarifa plana
La la la la la la la la la
pero dáballe igual
Ciudad perdida
https://invidio.us/watch?v=WvmFi_FCX3E&listen=1
nivelazo, rock dos 70
Don't stop me now
https://invidio.us/watch?v=KKny_ia8Fvo&listen=1
mira, que me parece fenómena, pero case lle pasa como á bonus track
Fuel
https://invidio.us/watch?v=UBhqOvhy-6o&listen=1
uuuuuuuh on I burn. Esta para as sesións de TABATA ía fenómeno para dar un chimpo máis
Hush
https://invidio.us/watch?v=W1PNvopXjbg&listen=1
tocando o air-bass
Music Inferno (Confessions tour remix)
https://invidio.us/watch?v=1Wa7dPTeN-M&listen=1
produción TOP dun remix
Nothing breaks like a heart
https://invidio.us/watch?v=hMoHZUp1qy0&listen=1
chámalle x
bonus track
esta tamén estaba incluída, pero recoñezo que me cortaba bastante o ritmo
Paranoid
https://invidio.us/watch?v=0qanF-91aJo&listen=1
Non lle busques un sentido á lista, ou si :D , a min paréceme unha mistura rara. Por exemplo, son consciente de que algunha está ahí por probar a enviar un ficheiro tras cambiarlle a ROM ao móbil. Unha razón coma outra calquera :P
Un saúdo ós veciños que algún día tamén desfrutaron da lista.
Comments
December 16, 2022 04:57
vikola
All of the knowledge I’ve gained from it has been quite helpful, and contrary to common perception, I’d want to compliment you on your talents. run 3